Todas las entradas de: admin

Rodaxe de «Aquelando» programa da TVG

O pasado 19 de novembro parte do alumnado da materia de Tecnoloxía de 3º e 4º da ESO participou na gravación do programa de divulgación científica Aquelando, que a TVG emitirá nos próximos meses. Neste capítulo, adicado ao espazo asesoramos a Manuel Vicente, director e presentador do programa, sobre o proceso de fabricación e lanzamento dunha cápsula estratosférica: materiais, illamento térmico, colocación das cámaras, dos equipos de medida, da radiosonda, etc…

Para todo isto tivemos que facer varios grupos e a rodaxe foi moi sinxela, xa que se portaron xenial con nós e nos axudaron nas partes que tiñamos que intervir falando ou amosando como se fan as cousas, e así conseguiron que nos sentisemos como nunha clase normal. Foi moi divertido.

Na imaxe podedes ver a un grupo de alumnos no momento da gravación.

(Información elaborada por Sandra Duarte, Inés Leiva, Lucía Rodríguez, Lucía Barcia, Paula Ruoti e Ana Fernández de 3º da ESO do IES Miraflores)

Todo empezou no IES Marco do Camballón, chegamos o 16 de xaneiro pola mañá e collemos rumbo cara ao Monte Pedroso (Santiago).
Dous rapaces viaxaron no coche co noso profesor de astronomía, Xosé, e nós fomos coa profesora de bioloxía, Verónica.
Unha vez chegamos a Santiago e nos reunimos cun profesor e tres alumnos do IES Maruxa Mallo, dispuxémonos a preparar todo o necesario para o lanzamento: inflamos o globo con helio, atamos as cordas entre a cápsula, o paracaídas e o globo (que preparou Antón do Maruxa Mallo), etc. Foi nese momento, case cando todo estaba listo, cando o ceo se anubrou e comezou a chover. Estabamos suxeitando o globo, pero a choiva ía a máis e substituíronnos do equipo do programa Aquelando. Por sorte, nós puidemos refuxiarnos nos coches ata o momento do lanzamento, que era as 12:00 h.
Cando saímos colocámonos a carón do globo para o seu lanzamento e así gravalo. Unha vez se lanzou, puxémonos en camiño en busca dun lugar onde poder comer seguindo a traxectoria do globo. Comimos no CPI Ponte Carreira onde nos acolleron sen problema. Cando rematamos de comer seguimos a ruta ata chegar ao punto onde a cápsula caera, nunha aldea de Guitiriz, onde estaba prevista a súa aterrizaxe. Tocou terra nunha granxa, recuperámolo e fomos acabar de gravar o programa a un camiño que había preto da granxa. Alí abriron a cápsula e amosáronnos os datos recollidos.
Voltamos para a casa e chegamos arredor das 18:00 h.

(Información elaborada por Sonia Rey, Silia Santiso e Sara Villar  de 1º BAC  do IES Marco do Camballón )

Atentos á tele nos próximos meses!!!

Consulta a seguinte ligazón

Visita a Spin-Off Alen Space

O pasado outubro o alumnado da NOSA saímos en órbita cara a Universidade de Vigo para coñecer o mundo dos nanosatélites. O día estaba coma o Universo sideral: oscuro, húmedo e misterioso, a pesar do cal, como todos os satélites fan descubrimos mundos fascinantes.

O luns 15 de outubro alumnado dos IES Marco do Camballón e IES Miraflores pertencentes á NOSA estivemos na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, convidados pola spin-off galega ALEN SPACE que se puxo en contacto con nós con motivo do lanzamento da MarumaSat III.

Comenzamos cunha breve visita a sala limpa onde puidemos ver o cuarto nanosatélite que están rematando de fabricar: o LUME1; observamos a súa complexidade e explicáronnos o custo que supón a súa fabricación e posta en órbita. Para poder entrar na sala branca, proporcionáronnos un mono, unhas bolsas de plástico para por nos zapatos e unha redecilla para a cabeza e, deste xeito, non contaminar as instalacións co polvo do exterior. Rematada a visita ao satélite dirixímonos á sala de conferencias onde Aaron Nercellas, enxeñeiro da empresa, ofreceunos unha charla na que aprendemos os tipos de órbitas dos satélites, qué e un nanosatélite e a montaxe do modelo que estan a fabricar alí. Tamén amosou moito interese no noso proxecto e animounos a continuar traballando e aprendendo.

O LUME 1 é un cubeSat, con medidas estandarizadas de 10*10*20 cm e para o seu lanzamento situarase no interior dun pequeno habitáculo da nave espacial Soyuz, de xeito que cando chegue a altura desexada ó nanosatélite será exectado con axuda duns resortes e posto en órbita. O lanzamento terá lugar o 25 de decembro desde Rusia.

Como conclusión podo dicir que foi unha saída moi interesante e que, sen dúbida, seranos útil no noso futuro.

Por Miguel Loureiro, Tecnoloxía 3º ESO B

Bases II PREMIO

O II Premio de Poesía Estratosférica é unha iniciativa de NOSA (Axencia Espacial Escolar Galega) solidariamente entre os seguintes centros educativos: IES Maruxa Mallo de Ordes, IES Miraflores de Oleiros, IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, IES Arzobispo Xelmirez II de Santiago de Compostela, CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda e IES Ferrol Vello.

Consulta as bases do premio e anímate a participar ata o 15 de marzo!

Bases do premio

 

Obxectivos da Marumasat II

Os obxectivos no lanzamento da MarumaSat-II que foron presentados no I Congreso MarumaSat-NOSA, están recollidos na seguinte presentación. Entre eles destacan a programación dun datalogger, que recabaría datos da concentración de ozono, coa finalidade de determinar a que altura se atopa esta capa da atmosfera.

I Congreso Marumasat

O primeiro Congreso da MarumaSat celebrouse en Ordes o 20 de xaneiro, na casa da Cultura, sendo o alumnado do Maruxa Mallo xunto co seu profesorado de Lingua Galega e Matemáticas, o encargado da organización.  Foi a primeira reunión do alumnado dos tres centros participantes no proxecto: IES Maruxa Mallo, IES Marco de Camballón e IES Miraflores, baixo o formato dun congreso científico, que rematou sendo o I Congreso da NOSA (Axencia Espacial Escolar Galega).

Para este congreso o alumnado deseñou un cartel, que representa a incorporación dos novos centros ao proxecto: tres triángulos que suxiren a súa localización: ao norte o Miraflores, no centro o Maruxa Mallo e ao sur o Marco do Camballón.

O principal obxectivo deste congreso foi que o alumnado do IES Maruxa Mallo, dese a coñecer ao dos novos centros incorporados ao proxecto o traballo realizado  para o lanzamento da MarumaSat I, así como as experiencias vividas e as emocións sentidas. A exposición correu a cargo das 6 comisións de traballo: científica, meteorolóxica, comunicación, economía, deseño e construción e audiovisual.

Tamén, durante o congreso, elixiuse un un nome que representase a agrupación dos tres centros no proxecto, pois MarumaSat estaba moi identificado co instituto ordense. A partir das propostas feitas por alumnado dos tres centros e mediante votación online nun foro, eliximos NOSA, Axencia Espacial Escolar Galega, nome que xa traía engadido o seguinte logotipo:

O programa do I congreso resúmese na seguinte imaxe, na que tamén se indica a localización das diferentes comisións para a feira posterior as exposicións.

Para finalizar o Congreso, o alumando do IES Miraflores presentou os obxetivos para o lanzamento da MarumaSat II que serían:

  • Acadar os 33.000 m de altitude.
  • Programar un datalogger de fabricación propia, con sensores que permitisen o rexistro de datos termométricos, de xeito paralelo á radiosonda Vaisala, ou a concentración do ozono.
  • Contrastar a hipóstese de sobrequencemento para xustificar o apagado dunha das cámaras que viaxaron na Marumasat I e investigar un sistema de refrixeración que evitara a repetición deste problema.
  • Mellorar a estabilidade da cápsula, para conseguir imaxes máis nítidas.
  • Deseñar a nova cápsula.

O Congreso rematou, coa entrega da MarumaSat I por parte do alumnado do IES Maruxa Mallo ao do IES Miraflores, para que a usasen como modelo para a construción da nova MarumaSat II.

 

Bases I PREMIO

No segundo congreso NOSA, celebrado en Vila de Cruces, convocouse un concurso de poesía estratosférica, con temática espacial. Neste participaron os tres centros que formaban parte do proxecto Marumasat III.

O concurso seguiu as seguintes bases:

Bases

 

Poemas gañadores do I PREMIO

Os poemas gañadores, que viaxaron a bordo da MarumaSat III, foron enmarcados, fotografados e devoltos as súas autoras e autores:

  • “Estrelas no peto” de Leila Cores Juncal,
  • “Lémbrote no cosmos” de Sandra Gómez Cortiñas
  • “Morte hiperespacial” de María Seijo Delgado, Jesús Calviño Ruíz e Héctor Varela Fernández (este poema por ter unha triple autoría foi certificado tres veces).

Gañadores I Premio Poesía Estratosférica

A viaxe da Marumasat III

Este é o vídeo do lanzamento da cápsula lanzada ó espazo o 7 de maio do 2018 pola NOSA Axencia Espacial Escolar Galega que voou ata os 33.223 metros de altura.

A cápsula viaxou con varias innovacións con respecto aos lanzamentos anteriores, entre elas unha incubadora para larvas de abella obreira, sensores de ozono e radiación ultravioleta ou unha mostra de fabas exposta á radiación solar.

Artigos científicos

Trala recuperación da MarumaSat II realízanse unha serie de investigacións que quedan recollidas nos seguintes artigos científicos:

 

 

 

Recuperación da MarumaSat I

A MarumaSat I aterrou a 8 km do previsto durante a predición do voo realizado na mañá do lanzamento, tras hora e media aproximadamente de voo. Foi no concello de A Estrada, nun punto situado no medio do triángulo formado polas aldeas de Abragán, Fragoso e Souto e caeu sobre unha fraga quedando pendurada no alto dun carballo a máis de 20 m de altura.

O equipo de rescate non puido recuperar a sonda ese día, tendo ademais que solicitar a colaboración do Concello de Ordes, que puxo a nosa disposición a Protección Civil e estes a un colaborador afeito a traballos en altura, co equipo necesario para ascender a árbore con seguridade.

A recuperación tivo que adiarse até día 18 de maio, 5 días despois do seu lanzamento, xa que o instituto estaba de ponte polo Día das Letras Galegas. A esa mañá corresponden as seguintes imaxes: