Todas las entradas de: admin

Campaña de financiamento

Durante o mes de decembro do 2015, a comisión económica do proxecto MarumaSat puxo en marcha unha campaña de financiamento colectivo coa finalidade de recadar os cartos necesarios para mercar o globo, o paracaídas, as cámaras de vídeo e outros equipos que viaxarían na MarumaSat no mes de maio.

Tras varias semanas de traballo, vacacións de Nadal incluídas, nas que falamos con moitas persoas para presentarlles o proxecto, queremos amosar o noso agradecemento pola colaboración de todas as empresas, comercios e particulares de Ordes que nos axudaron, xa que foi posible a obtención de gran parte do material necesario.

Na imaxe pódese ver o cartel publicitario que numerosos negocios e comercios de Ordes luciron nos seus escaparates, como colaboradores do  proxecto:

 

INTERNACO S.A, Tejidos Mercería Rodríguez, Leandro, Multiservizos «O Chanco», Wences, Kyrie, Alfombra Roja, Teresa Álvarez, Carnicería Enrique, Capitán Deportes, Mayfer, Arume, Alfonso Joyeros, María Regueiro Barros, Artesáns, Regos Clínica Dental, Seguros Catalana Occidente Ordes, Cervecería Bulldog, Puntadas Baby, Cabell’s, Couselo Raña, Papelería La Repro, Comercio Pazos, Bar Gerardo, O Mercado, María Fraga, Antoxos, Tino, Ekaté, Consultora Xeira, Escola Infantil Pequelúa, Ferreira, Muebles Reyca, Casa de Comidas Susa, Bazar Chino Mundo, Torques, Alain Afflelou Ordes, María Corbelle, Casas Faya, Videoclub Claqueta, Calzados Don Adrián, Manuel Viqueira, La Oca Verde, Peluquería Luis Alejandro, Casa Calvo, IDE Informática, Sportec, Alexandra Maneiro Peluquería, Eurofrut, O Mercado, Arco iris, Agrobótica Ordes, Tres lápices, Tien 21, San Xulián Flor, Estipel, Bazar Luna, Arrealos Lola, Locuras, Pasos, Caxide, Clínica Dental Alberto Rama, Preventia, Susana Morlán, Abrente, Fisiosaude, Raiola, A Tendiña, Peluquería Rama, Papelería Tango, Bar Corzo, Peluquería Loira, Consulta Veterinaria, Cafetería O’Forno, Karma Zapatería, Centro Deportivo Luar, Dolores Caballer, Daniel Af., Bar Correos, Tasmania Ordes, Centro Estética Patri, Muxa, Autocares Rogelio, IbéricaTEC, Albeitería Aneiros e Oriales, Blanco, Floristería As Mimosas, Ötzi, María Fraga, Seguros Bilbao Ordes, O Túnel, Kokomó, Panadería Gende, Seguros Ocaso Ordes, Castiñeiras, Lupeon, Ríos y Villaverde S.L., Cafetería Campo de Fútbol, Lp45, Buda Gold, Vinilo, Abacco, Banda de Ordes, Vintage.

 

Reunión Concello

Reunión no Concello de Ordes

Na mañá do luns 18 de xaneiro de 2016, seis representantes do alumnado de terceiro da ESO do IES Maruxa Mallo pertencentes ás diversas comisións que estaban a traballar no proxecto MarumaSat visitaron o Concello de Ordes para solicitar axuda económica e colaboración na difusión do proxecto.

Estas seis alumnas e alumnos, acompañados polo profesor de matemáticas Xosé Díaz, reuníronse coa Concelleira Delegada de Educación, Servizos Sociais e Traballo, Susana García Gómez e co xornalista encargado das redes sociais e outros ámbitos comunicativos dentro da administración ordense.

Tras explicarlle o noso proxecto, a concelleira e o xornalista mostráronse entusiasmados e receptivos coa iniciativa e ofrecéronnos a súa axuda, principalmente para colaborar na difusión da iniciativa, contactando cos medios de comunicación e posibilitando a nosa participación na feira multisectorial ExpoOrdes que tería lugar a finais de abril, cedéndonos un pavillón.

Ademais, o Concello sufragaría os gastos de reprografía ou impresión dos materiais necesarios para obter unha maior repercusión publicitando a actividade impulsada dende o instituto.

Finalmente, hai que agradecer a boa acollida que nos dispensaron e o interese da concelleira e do xornalista na iniciativa.

 

Cálculo do helio.

Unha didáctica explicación ao cálculo do helio do globo.

 

A cantidade de helio necesaria para que un globo poida ascender levando tras de si un peso pódese calcular con dúas fórmulas físicas que relacionan a forza de ascenso coa da gravidade, a densidade coa masa e o volume e cuxa base científica non é complexa. A comisión audiovisual xunto coa científica realizaron un vídeo didáctico aplicando estes cálculos a propósito do lanzamento da Marumasat I que podes entender facilmente se dispós duns mínimos coñecementos de Física.

 

Vídeo promocional

DESCUBRE O NOSO VÍDEO PROMOCIONAL

O 23 de novembro do 2015 o alumnado do IES Maruxa Mallo presentou o vídeo  que promociona o proxecto “MarumaSat: Cos pés no chan e os ollos nas estrelas”, interpretado por Joel, alumno de 3º B da ESO, onde explica o obxectivo da misión. Para a súa gravación e edición empregouse a técnica audiovisual do croma.  Reprodúceo no enlace que se mostra deseguido!

 

A creación do blogue

En novembro de 2015 comezou a creación do blogue que ía seguir o traballo do proxecto  MarumaSat: Cos pés no chan e os ollos nas estrelas. Esta foi a primeira entrada publicada:

BENVIDOS AO NOSO BLOGUE!

 

“Dende este blogue ímosvos informar de cada un dos pasos da nosa carreira espacial. Dende hoxe ao vindeiro 20 de maio de 2016 estaremos cos pés no chan e os ollos nas estrelas. Queres acompañarnos?”

Logotipo

O primeiro logotipo do noso proxecto decidiuse en outubro do 2015.

As propostas, máis de vinte, foron elaboradas polo alumnado de 3º da ESO nas sesións da materia de Educación Plástica. Porén, o luns 23 de outubro do devandito ano, realizouse unha votación en que participaron tanto o profesorado como o alumnado do IES Maruxa Mallo, para así elixir o logotipo que nos distinguiría ao longo deste apaixonante proxecto espacial. A imaxe gañadora foi a que vedes aquí, creada por Antón, Javi, Christian Regueiro, Christian Ferreiro, Anxo e Gonzalo de 3º A da ESO.

CHARLA DE PEDRO PABLO CAMPOS

O investigador da Universidade de Santiago de Compostela (A Coruña) e un dos responsables do proxecto “TodoCosmos”, Pedro Pablo Campos, visitou o IES Maruxa Mallo na mañá do 16 de decembro de 2015 para ofrecer unha conferencia sobre astronomía ao alumnado de 3º da ESO involucrado no proxecto “MarumaSat: Cos pés no chan e os ollos nas estrelas”.

Na charla abordou a evolución da visión do Universo dende a Antigüidade, trasladando ao alumnado alí presente á diversas épocas históricas, dende a Antiga Grecia, na que descubrimos os modelos xeocéntrico e heliocéntrico ata o momento en que se pisou a Lúa por primeira vez. Tamén mencionou persoeiros moi importantes relacionados coa ciencia e as matemáticas como Newton ou Kepler, que formularon diversas teorías ao longo do tempo que nos posibilitaron entender mellor como é o Universo. Pedro Pablo Campos falou de fórmulas, modelos e figuras que nos fixeron pór en marcha a nosa mente e pensar en aspectos tan curiosos como o movemento dos corpos no Universo.

Ao rematar a conferencia do investigador que está traballando cunha tese sobre «planetas extrasolares», o equipo de comunicación deste proxecto fíxolle unha pequena entrevista na que Pedro Pablo contou como lle colleu agarimo á astronomía dicindo que foi «dende ben pequeno ata a época universitaria» e recomendou ás persoas que desexen orientar a súa educación no ámbito da astronomía, que é importante ter ben en conta o que che gusta, xa que o ámbito é «moi amplo e son moitas as especialidades ás que aspirar».

Finalmente, tras agradecerlle a súa presenza no instituto, recomendou aos responsables do ambicioso «MarumaSat» que tivesen «moito ánimo e paciencia de cara á realización deste proxecto» e compartiu algunha que outra curiosidade connosco e cos dous membros do profesorado implicados nesta carreira espacial: Raquel, profesora de Tecnoloxía e Xosé, de Matemáticas.

Para máis información acerca do proxecto desenvolvido por Pedro Pablo Campos na USC, visite http://www.usc.es/es/proxectos/todocosmos/index.html

Trailer da MarumaSat III

Este é o tráiler oficial da MarumaSat III, misión “niño no faro” , foi creado e editado por Xaime Cea Cea; no que se recollen os obxectivos desta misión; a gravación da Lúa, a creación de vida estratosférica, a incorporación de novos sensores e placas solares.