Archivo de la categoría: Medios de comunicación

Rodaxe de «Aquelando» programa da TVG

O pasado 19 de novembro parte do alumnado da materia de Tecnoloxía de 3º e 4º da ESO participou na gravación do programa de divulgación científica Aquelando, que a TVG emitirá nos próximos meses. Neste capítulo, adicado ao espazo asesoramos a Manuel Vicente, director e presentador do programa, sobre o proceso de fabricación e lanzamento dunha cápsula estratosférica: materiais, illamento térmico, colocación das cámaras, dos equipos de medida, da radiosonda, etc…

Para todo isto tivemos que facer varios grupos e a rodaxe foi moi sinxela, xa que se portaron xenial con nós e nos axudaron nas partes que tiñamos que intervir falando ou amosando como se fan as cousas, e así conseguiron que nos sentisemos como nunha clase normal. Foi moi divertido.

Na imaxe podedes ver a un grupo de alumnos no momento da gravación.

(Información elaborada por Sandra Duarte, Inés Leiva, Lucía Rodríguez, Lucía Barcia, Paula Ruoti e Ana Fernández de 3º da ESO do IES Miraflores)

Todo empezou no IES Marco do Camballón, chegamos o 16 de xaneiro pola mañá e collemos rumbo cara ao Monte Pedroso (Santiago).
Dous rapaces viaxaron no coche co noso profesor de astronomía, Xosé, e nós fomos coa profesora de bioloxía, Verónica.
Unha vez chegamos a Santiago e nos reunimos cun profesor e tres alumnos do IES Maruxa Mallo, dispuxémonos a preparar todo o necesario para o lanzamento: inflamos o globo con helio, atamos as cordas entre a cápsula, o paracaídas e o globo (que preparou Antón do Maruxa Mallo), etc. Foi nese momento, case cando todo estaba listo, cando o ceo se anubrou e comezou a chover. Estabamos suxeitando o globo, pero a choiva ía a máis e substituíronnos do equipo do programa Aquelando. Por sorte, nós puidemos refuxiarnos nos coches ata o momento do lanzamento, que era as 12:00 h.
Cando saímos colocámonos a carón do globo para o seu lanzamento e así gravalo. Unha vez se lanzou, puxémonos en camiño en busca dun lugar onde poder comer seguindo a traxectoria do globo. Comimos no CPI Ponte Carreira onde nos acolleron sen problema. Cando rematamos de comer seguimos a ruta ata chegar ao punto onde a cápsula caera, nunha aldea de Guitiriz, onde estaba prevista a súa aterrizaxe. Tocou terra nunha granxa, recuperámolo e fomos acabar de gravar o programa a un camiño que había preto da granxa. Alí abriron a cápsula e amosáronnos os datos recollidos.
Voltamos para a casa e chegamos arredor das 18:00 h.

(Información elaborada por Sonia Rey, Silia Santiso e Sara Villar  de 1º BAC  do IES Marco do Camballón )

Atentos á tele nos próximos meses!!!

Consulta a seguinte ligazón

Novas de prensa despois do lanzamento

A prensa galega e española faise eco do noso proxecto

por Novas, em 30.05.16

Diversos medios de comunicación e institucións, ademais de outras organizacións, publican o noso proxecto entre os seus titulares. Deixámosvos aquí algunhas ligazóns a publicacións realizadas co Maruma Sat nos últimos días:

Antena 3 Noticias,

La Voz de Galicia,

Telexornal TVE,

Crónicas de Comarca,

El Correo Gallego: 11 de maio,

El Correo Gallego: 13 de maio,

El Correo Gallego: 14 de maio,

Astronomía na beirarrúa,

Xornal Lindeiros,

Concello de Ordes,

Novas de prensa 2

2) A PRENSA GALEGA E ESPAÑOLA FAISE ECO DO NOSO PROXECTO

Diversos medios de comunicación e institucións, ademais doutras organizacións, destacaron a nosa iniciativa nos seus titulares. Deixámosvos aquí algunhas ligazóns a publicacións onde se comentaron as probas do globo cativo e o lanzamento da MarumaSat naqueles días:



A creación do blogue

En novembro de 2015 comezou a creación do blogue que ía seguir o traballo do proxecto  MarumaSat: Cos pés no chan e os ollos nas estrelas. Esta foi a primeira entrada publicada:

BENVIDOS AO NOSO BLOGUE!

 

“Dende este blogue ímosvos informar de cada un dos pasos da nosa carreira espacial. Dende hoxe ao vindeiro 20 de maio de 2016 estaremos cos pés no chan e os ollos nas estrelas. Queres acompañarnos?”