Archivo de la categoría: Obxectivos

Obxectivos da MarumaSat III

Os obxectivos no lanzamento da MarumaSat-III que foron presentados no II Congreso NOSA, están recollidos na seguinte presentación. Entre eles destacan acadar unha altura de 37.000 metros, incorporar unha placa solar en probas, e experimentos biolóxicos como o estudo da influencia da radiación UV na xerminación dunhas fabas de Lourenzá e o nacemento dunha abella raíña na estratosfera.

No seguinte documento aparecen detallados cada un dos obxectivos.

Obxectivos da Marumasat III

 

Obxectivos da Marumasat II

Os obxectivos no lanzamento da MarumaSat-II que foron presentados no I Congreso MarumaSat-NOSA, están recollidos na seguinte presentación. Entre eles destacan a programación dun datalogger, que recabaría datos da concentración de ozono, coa finalidade de determinar a que altura se atopa esta capa da atmosfera.