Archivo de la categoría: Poesía

BASES III PREMIO

No terceiro congreso NOSA, celebrado en Santiago, no Auditorio de Galicia, convocouse o III Premio de Poesía Estratosférica.

Consulta as bases do premio e anímate a participar ata o 16 de marzo.

Bases III premio

 

En vistas da situación actual, ampliase o prazo para a presentación de poesías ata unha semana despois de que remate o estado de alarma.

Bases II PREMIO

O II Premio de Poesía Estratosférica é unha iniciativa de NOSA (Axencia Espacial Escolar Galega) solidariamente entre os seguintes centros educativos: IES Maruxa Mallo de Ordes, IES Miraflores de Oleiros, IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, IES Arzobispo Xelmirez II de Santiago de Compostela, CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda e IES Ferrol Vello.

Consulta as bases do premio e anímate a participar ata o 15 de marzo!

Bases do premio

 

Bases I PREMIO

No segundo congreso NOSA, celebrado en Vila de Cruces, convocouse un concurso de poesía estratosférica, con temática espacial. Neste participaron os tres centros que formaban parte do proxecto Marumasat III.

O concurso seguiu as seguintes bases:

Bases

 

Poemas gañadores do I PREMIO

Os poemas gañadores, que viaxaron a bordo da MarumaSat III, foron enmarcados, fotografados e devoltos as súas autoras e autores:

  • “Estrelas no peto” de Leila Cores Juncal,
  • “Lémbrote no cosmos” de Sandra Gómez Cortiñas
  • “Morte hiperespacial” de María Seijo Delgado, Jesús Calviño Ruíz e Héctor Varela Fernández (este poema por ter unha triple autoría foi certificado tres veces).

Gañadores I Premio Poesía Estratosférica