Globo cativo II

A proba do globo cativo serve como ensaio de todas as operacións que hai que realizar o día do lanzamento e ten unha finalidade dobre: non cometer erros que poidan dar ao traste coa misión e sincronizar todas as tarefas para axustarse ao tempo dispoñible e cumprir co horario de lanzamento aprobado polo aeroporto de Lavacolla. Ademais, na proba da MarumaSat I tivemos ocasión de comprobar a súa importancia e a necesidade de traballar concentrados.

Así o 21 de abril, levamos a cabo esta proba no IES Maruxa Mallo, xa que dende alí se realizaría o lanzamento  da MarumaSat II . O alumnado de cada un dos tres centros implicados, encargouse de unha parte asignada previamente:  o alumnado do IES Marco do Camballón ensaiou o proceso de inflado do globo, o do IES Maruxa Mallo, do atado das cordas a cápsula e o paracaídas e o do IES Miraflores, de montar e conectar todos os elementos que viaxaban no interior da cápsula.

Podense ver aquí algunhas imaxes do evento:

GC II voando