Recuperación da MarumaSat I

A MarumaSat I aterrou a 8 km do previsto durante a predición do voo realizado na mañá do lanzamento, tras hora e media aproximadamente de voo. Foi no concello de A Estrada, nun punto situado no medio do triángulo formado polas aldeas de Abragán, Fragoso e Souto e caeu sobre unha fraga quedando pendurada no alto dun carballo a máis de 20 m de altura.

O equipo de rescate non puido recuperar a sonda ese día, tendo ademais que solicitar a colaboración do Concello de Ordes, que puxo a nosa disposición a Protección Civil e estes a un colaborador afeito a traballos en altura, co equipo necesario para ascender a árbore con seguridade.

A recuperación tivo que adiarse até día 18 de maio, 5 días despois do seu lanzamento, xa que o instituto estaba de ponte polo Día das Letras Galegas. A esa mañá corresponden as seguintes imaxes: