O primeiro Congreso da MarumaSat celebrouse en Ordes o 20 de xaneiro, na casa da Cultura, sendo o alumnado do Maruxa Mallo xunto co seu profesorado de Lingua Galega e Matemáticas, o encargado da organización. Foi a primeira reunión do alumnado dos tres centros participantes no proxecto: IES Maruxa Mallo, IES Marco de Camballón e IES Miraflores, baixo o formato dun congreso científico, que rematou sendo o I Congreso da NOSA (Axencia Espacial Escolar Galega).

Para este congreso o alumnado deseñou un cartel, que representa a incorporación dos novos centros ao proxecto: tres triángulos que suxiren a súa localización: ao norte o Miraflores, no centro o Maruxa Mallo e ao sur o Marco do Camballón.
O principal obxectivo deste congreso foi que o alumnado do IES Maruxa Mallo, dese a coñecer ao dos novos centros incorporados ao proxecto o traballo realizado para o lanzamento da MarumaSat I, así como as experiencias vividas e as emocións sentidas. A exposición correu a cargo das 6 comisións de traballo: científica, meteorolóxica, comunicación, economía, deseño e construción e audiovisual.
Tamén, durante o congreso, elixiuse un un nome que representase a agrupación dos tres centros no proxecto, pois MarumaSat estaba moi identificado co instituto ordense. A partir das propostas feitas por alumnado dos tres centros e mediante votación online nun foro, eliximos NOSA, Axencia Espacial Escolar Galega, nome que xa traía engadido o seguinte logotipo:

O programa do I congreso resúmese na seguinte imaxe, na que tamén se indica a localización das diferentes comisións para a feira posterior as exposicións.

Para finalizar o Congreso, o alumando do IES Miraflores presentou os obxetivos para o lanzamento da MarumaSat II que serían:
- Acadar os 33.000 m de altitude.
- Programar un datalogger de fabricación propia, con sensores que permitisen o rexistro de datos termométricos, de xeito paralelo á radiosonda Vaisala, ou a concentración do ozono.
- Contrastar a hipóstese de sobrequencemento para xustificar o apagado dunha das cámaras que viaxaron na Marumasat I e investigar un sistema de refrixeración que evitara a repetición deste problema.
- Mellorar a estabilidade da cápsula, para conseguir imaxes máis nítidas.
- Deseñar a nova cápsula.
O Congreso rematou, coa entrega da MarumaSat I por parte do alumnado do IES Maruxa Mallo ao do IES Miraflores, para que a usasen como modelo para a construción da nova MarumaSat II.