II Congreso NOSA

Programa  II Congreso

O II congreso científico da NOSA tivo lugar en Vila de Cruces, Pontevedra, e foi organizado polo instituto Marco do Camballón. Nel, 225 estudantes de tres institutos galegos (IES Miraflores, IES Maruxa Mallo e IES Marco de Camballón) reuníronse no Auditorio Xosé Casal entre as 10.30 e as 16.00 horas do 5 de febreiro do 2018.

O congreso comezou coa presentación das actas do I Congreso, e deu paso a diversas explicacións tecnolóxicas por parte do alumnado dos institutos participantes no lanzamento da Marumasat II. Nelas tratáronse temas como a programación dun datalogger, a evolución do ozono coa altitude e outros temas como os experimentos biolóxicos do lanzamento e o seu resultado.

Por último, presentouse a asociación dos egresados da NOSA e o trailer da misión da Marumasat III, que deu por concluída a primeira parte do congreso. A actividade programada para a tarde non se levou a cabo debido ao mal tempo que impedía as actividades no exterior, sendo reemplazada por unha explicación con diapositivas da arqueoastronomía nas mámoas de Oirós.

Con todo, o congreso finalizou ás 16.00 segundo o previsto.

ACTAS I CONGRESO NOSA