Archivo de la categoría: Patrocinios

Campaña de financiamento

Durante o mes de decembro do 2015, a comisión económica do proxecto MarumaSat puxo en marcha unha campaña de financiamento colectivo coa finalidade de recadar os cartos necesarios para mercar o globo, o paracaídas, as cámaras de vídeo e outros equipos que viaxarían na MarumaSat no mes de maio.

Tras varias semanas de traballo, vacacións de Nadal incluídas, nas que falamos con moitas persoas para presentarlles o proxecto, queremos amosar o noso agradecemento pola colaboración de todas as empresas, comercios e particulares de Ordes que nos axudaron, xa que foi posible a obtención de gran parte do material necesario.

Na imaxe pódese ver o cartel publicitario que numerosos negocios e comercios de Ordes luciron nos seus escaparates, como colaboradores do  proxecto:

 

INTERNACO S.A, Tejidos Mercería Rodríguez, Leandro, Multiservizos «O Chanco», Wences, Kyrie, Alfombra Roja, Teresa Álvarez, Carnicería Enrique, Capitán Deportes, Mayfer, Arume, Alfonso Joyeros, María Regueiro Barros, Artesáns, Regos Clínica Dental, Seguros Catalana Occidente Ordes, Cervecería Bulldog, Puntadas Baby, Cabell’s, Couselo Raña, Papelería La Repro, Comercio Pazos, Bar Gerardo, O Mercado, María Fraga, Antoxos, Tino, Ekaté, Consultora Xeira, Escola Infantil Pequelúa, Ferreira, Muebles Reyca, Casa de Comidas Susa, Bazar Chino Mundo, Torques, Alain Afflelou Ordes, María Corbelle, Casas Faya, Videoclub Claqueta, Calzados Don Adrián, Manuel Viqueira, La Oca Verde, Peluquería Luis Alejandro, Casa Calvo, IDE Informática, Sportec, Alexandra Maneiro Peluquería, Eurofrut, O Mercado, Arco iris, Agrobótica Ordes, Tres lápices, Tien 21, San Xulián Flor, Estipel, Bazar Luna, Arrealos Lola, Locuras, Pasos, Caxide, Clínica Dental Alberto Rama, Preventia, Susana Morlán, Abrente, Fisiosaude, Raiola, A Tendiña, Peluquería Rama, Papelería Tango, Bar Corzo, Peluquería Loira, Consulta Veterinaria, Cafetería O’Forno, Karma Zapatería, Centro Deportivo Luar, Dolores Caballer, Daniel Af., Bar Correos, Tasmania Ordes, Centro Estética Patri, Muxa, Autocares Rogelio, IbéricaTEC, Albeitería Aneiros e Oriales, Blanco, Floristería As Mimosas, Ötzi, María Fraga, Seguros Bilbao Ordes, O Túnel, Kokomó, Panadería Gende, Seguros Ocaso Ordes, Castiñeiras, Lupeon, Ríos y Villaverde S.L., Cafetería Campo de Fútbol, Lp45, Buda Gold, Vinilo, Abacco, Banda de Ordes, Vintage.

 

Reunión Concello

Reunión no Concello de Ordes

Na mañá do luns 18 de xaneiro de 2016, seis representantes do alumnado de terceiro da ESO do IES Maruxa Mallo pertencentes ás diversas comisións que estaban a traballar no proxecto MarumaSat visitaron o Concello de Ordes para solicitar axuda económica e colaboración na difusión do proxecto.

Estas seis alumnas e alumnos, acompañados polo profesor de matemáticas Xosé Díaz, reuníronse coa Concelleira Delegada de Educación, Servizos Sociais e Traballo, Susana García Gómez e co xornalista encargado das redes sociais e outros ámbitos comunicativos dentro da administración ordense.

Tras explicarlle o noso proxecto, a concelleira e o xornalista mostráronse entusiasmados e receptivos coa iniciativa e ofrecéronnos a súa axuda, principalmente para colaborar na difusión da iniciativa, contactando cos medios de comunicación e posibilitando a nosa participación na feira multisectorial ExpoOrdes que tería lugar a finais de abril, cedéndonos un pavillón.

Ademais, o Concello sufragaría os gastos de reprografía ou impresión dos materiais necesarios para obter unha maior repercusión publicitando a actividade impulsada dende o instituto.

Finalmente, hai que agradecer a boa acollida que nos dispensaron e o interese da concelleira e do xornalista na iniciativa.