Expo Ordes 2016

Na fin de semana do 23 e 24 de Abril de 2016, Ordes acolleu a celebración da vixésimo sétima edición da Festa do Champiñón, que pretende achegar aos visitantes a cultura e a gastronomía do concello.

Paralelamente, o Concello organizou un ano máis a «ExpoOrdes 2016», unha feira multisectorial orientada a promover o comercio e as empresas de concello e bisbarra e na que, ao longo de máis dun centenar de stands, se amosan produtos e iniciativas ás ordenses e tamén aos demais visitantes.

Entre eles estivo presente, nun stand cedido polo Concello, o noso proxecto xa que queriamos aproveitar para mostrar os compoñentes que mercamos cos fondos recollidos durante a campaña desenvolvida entre o comercio e o empresariado ordense,  presentar o prototipo de cápsula utilizada no globo cautivo e explicar o proxecto aos alí presentes mediante explicacións, trípticos, diversos vídeos que mostraron o traballo realizado ao longo destes meses.

Dende MarumaSat queremos dar as grazas a todas as persoas que mostraron interese en achegarse xunto a nós.