Globo cativo

A proba do globo cativo serve como ensaio de todas as operacións que hai que realizar o día do lanzamento e ten unha finalidade dobre: non cometer erros que poidan dar ao traste coa misión e sincronizar todas as tarefas para axustarse ao tempo dispoñible e cumprir co horario de lanzamento aprobado polo aeroporto de Lavacolla. 

A primeira proba de globo cativo, foi organizada para un día no recreo, coa asistencia de alumnado e profesorado do centro, e a falta de atención de todos e todas as que tiñamos algunha responsabilidade no inflado do globo, o atado das cordas, a montaxe dos euipos da cápsula, etc… fixo que non saíse adiante e houbo que programar outra data para repetila.

Ese día aínda traballamos cun prototipo da cápsula, probamos un dinamómetro como instrumento para medir o volume de helio que introduciríamos no globo (foi descartado e ideamos outra forma) e comprobamos que unha das cámaras de vídeo apagábase ao pouco de ser introducida na cápsula, pero non fomos quen de interpretar as razóns polas que isto tiña lugar. 

Podedes ver un resumo no seguinte vídeo